InicioSociedadeVigo apostará firmemente polo seu poder audiovisual e festivo en Fitur

Vigo apostará firmemente polo seu poder audiovisual e festivo en Fitur

Abel Caballero anunciou este venres que a cidade volverá estar presente na Feira Internacional de Turismo que se celebrará a semana que vén en Madrid, onde o Concello levará a cabo a presentación do seu proxecto baixo a lema 'Vigo, millóns de visitantes acredítannos'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que a cidade volverá estar presente na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebrará a semana que vén en Madrid, onde o Concello levará a cabo a presentación do seu proxecto baixo a lema ‘Vigo, millóns de visitantes acredítannos’.

En concreto, será o vindeiro xoves, día 19 de xaneiro, cando o propio Caballero se desprace á capital española co obxectivo de transmitir a todo o mundo que é Vigo, o seu Nadal, o seu verán, as súas festas, os seus concertos ou a súa Semana Santa.

Tal como indicou Caballero nun audio difundido aos medios de comunicación, nesta ocasión a presentación olívica volverase a levar a cabo na caseta de Turespaña, “o máis importante espazo de Fitur”.

“O sector turístico da cidade xa ocupa un lugar destacado no ámbito mundial. Pasamos en pouco máis de cinco anos de ser unha cidade que non tiña ningún espazo turístico a ter a maior presenza turística internacional que se pode ter“, reivindicou o alcalde.

Por outra banda, o Concello tamén levará á feira a súa proposta de Vigo como estudio de rodaxe. Neste caso, ‘Vigo, un estudio para mil historias’ será a lema elixido para promocionar á urbe como escenario audiovisual en Fitur Screen, o apartado do evento centrado en mostrar lugares como estudios de cinema.

En concreto, nesta presentación estarán Débora Vukusic e a concelleira e actriz Uxía Branco. Caballero lembrou que xa o ano pasado Amazon optou por Vigo para rodar ‘Un asunto privado’, do mesmo xeito que Netflix, que ocupou as rúas para filmar ‘Un home de acción’.

“E queremos seguir estando e dirixíndonos ás catro grandes plataformas: HBO, Amazon, Movistar e Netflix, que xa están a se fixar en Vigo para unha realidade de rodaxes”, sentenciou o alcalde.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...