InicioSociedadeZona Franca constrúe unha nova varanda na pasarela de A Laxe que...

Zona Franca constrúe unha nova varanda na pasarela de A Laxe que “respecta a visibilidade da ría”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tal e como xa adiantara o delegado da Zona Franca, David Regades, o pasado 30 de xullo, esta institución iniciou as obras de mellora e modernización do Centro Comercial A laxe, construíndo unha varanda na pasarela que une A Laxe coa “zona histórica” da cidade.

A varanda, trazada a ambos os dous lados da pasarela de 45 metros de lonxitude,
deseñouse seguindo o marcado carácter horizontal da fachada do edificio utilizando materiais xa existentes (aceiro lacado en negro) e en “clara consonancia coa contorna do Casco Vello”.

O deseño proxectado respectou en todo momento a visibilidade sobre a ría e a súa contorna, ao ser este un dos valores máis destacados do paseo pola pasarela”, aseguran. Os traballos iniciáronse este xoves, e a finalización está prevista para mediados da próxima semana. O custo da obra ascende a un total de 26.500 euros.

“Con esta instalación, queda garantida a seguridade dos viandantes así como
a integración da nova intervención dentro do conxunto que conforman o Centro Comercial e o Casco Vello de Vigo”, subliñan desde a Zona Franca.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Salvar a Ría de Vigo e recuperar a saude pública

Dende esta primaveira un grupo crecente de persoas e asociacións da cidade de Vigo...

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Un veciño de Vigo recibirá máis de 12.000 euros tras caer nunha escaleira mollada sen sinalización

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...