InicioSucesosUnha muller aterrou en Peinador con case dous quilogramos de cocaína nun...

Unha muller aterrou en Peinador con case dous quilogramos de cocaína nun dobre fondo da súa maleta

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro mércores, día 30 de novembro, a unha muller que foi sorprendida en Peinador transportando cocaína nun doble fondo da súa maleta.

Por iso, Fiscalía solicita para ela oito anos de prisión e unha multa de 500.000 euros pola suposta comisión dun delito de tráfico de dogas de notoria importancia.

Segundo relata o Ministerio público no seu escrito de acusación, os feitos remóntanse a outubro de 2021 cando a acusada, nacida en República Dominicana e con pasaporte de Países Baixos, aterrou no aeródromo vigués nun voo procedente de Santo Domingo, vía Madrid, ocultando nun dobre fondo da súa maleta dous paquetes que contiñan case dous quilogramos de cocaína.

Ambos os paquetes foron descubertos nun control aleatorio de viaxeiros e equipaxes realizado polos axentes da Garda Civil e o seu contido podería estar valorado en máis de 200.000 euros no mercado negro.

Por iso, Fiscalía solicita para ela oito anos de cárcere e unha multa de 500.000 euros por un delito de tráfico de drogas.

ÚLTIMAS

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...