InicioMedio Ambiente e PatrimonioA estación de autobuses intermodal abrirá ao público o 17 de decembro...

A estación de autobuses intermodal abrirá ao público o 17 de decembro pese a “novos atrasos” do Concello

Anuncia que o goberno local xa solicitou ao Ministerio os permisos, "a pesar de que fai cinco meses negou que fose responsabilidade súa"

PUBLICADO O

- Advertisement -

delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou este martes que a nova estación de autobuses intermodal da cidade olívica abrirá finalmente o próximo 17 de decembro, tras os “novos atrasos” nas obras dos accesos que acumula, segundo denunciou, o Concello.

Así, a representante autonómica falou da comisión de seguimento, convocada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, levada a cabo na mañá deste martes, onde o Concello informou de que non poderá abrir o túnel de Lepanto ata o 12 de decembro e que segue á espera de que o Ministerio de Transportes lle dea os permisos.

“O Concello de Vigo explicou na reunión que xa solicitou os permisos ao Goberno central para poder inaugurar os accesos, a pesares de que fai cinco meses negou que fose responsabilidade súa”, lamentou Fernández-Tapias.

“Primeiro dixo que non afectaban as súas obras (á apertura da estación), logo que non facían falla os permisos, máis tarde que non tiñamos nada preparado ou que non quería os autobuses pola cidade. É unha permanente negativa polo feito de que é unha obra da Xunta e desmóntase a súa estratexia de que non investimos en Vigo”, reivindicou.

Fernández-Tapias criticou que, a pesar de que o alcalde, Abel Caballero, volveu a incumprir “todo pacto” e que leva “cinco meses enganando á cidadanía”, “a Xunta cumprirá o seu compromiso”, despois de que o Goberno galego xa tivese acabada a obra o pasado verán. Neste senso, puxo en valor que as obras xa están finalizadas dende o 10 de xuño, pero despois de todos estes inconvintes abrirase finalmente en decembro.

“A apertura da estación no centro de Vigo vai supor unha mellora moi importante para os usuarios ao poder desembarcar no centro da cidade e conectar directamente coa terminal de tren”, engadiu.

ÚLTIMAS

Os prezos da vivenda en Vigo baixarán case un 8% no primeiro trimestre, segundo a Intelixencia Artificicial

A Intelixencia Artificial prevé que as cidades de Santander (+6,6%), Lugo (+5,4%) e Alacante (+4,9%)...

Caballero anuncia unha reunión “técnica” con Transportes para analizar os pasos do AVE Vigo-Madrid e fixar prazos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores a celebración dunha reunión "técnica" en...

A planta de Stellantis en Vigo ten o futuro asegurado: será o lugar de fabricación dos seus novos modelos eléctricos

O grupo automobilístico Stellantis confirmou a adxudicación da súa plataforma eléctrica STLA Small ás súas plantas...

Vigo preséntase este xoves en Fitur como unha cidade “única no mundo”: do Nadal aos concertos de Castrelos pasando polas praias e as filmacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que o Concello se presentará este xoves...