InicioSociedadeA Xunta, acusada de desprezar a Xustiza: "Os xulgados de Vigo están...

A Xunta, acusada de desprezar a Xustiza: “Os xulgados de Vigo están peor que nunca”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A situación dos xulgados do penal en toda Galicia, e en particular en Vigo foi sempre moi complicada, tanto pola falta de medios como polas cargas de traballo, e denunciada tanto na Mesa de negociación como nos medios de comunicación”, lembra Pablo Valeiras Ríos, responsable de Alternativas na Xustiza Galega-CUT.

Desde Alternativas na Xustiza consideran (e foi un dos motivos da pasada folga) que os cadros de persoal nestes xulgados non dan abondo para as cargas de traballo existentes e deberían contar cun reforzo debidamente remunerado. As materias nestes xulgados, ademais, poden ser cualificadas como “sensibles”: tráfico de drogas, violencia sobre a muller, alcohol, condución temeraria, entre outras.

“Así mesmo, a gravidade das condenas que se valoran fan que a situación de tensión e estrés sexa palpable no día a día, e dificultando a persecución dos grandes delitos de estafa e contra a Axencia Tributaria (moi difíciles de executar)”, aseguran.

Xulgado de primeira estancia N 13 Vigo / Páxinas Galegas

Denuncian tamén a lentitude dos ordenadores, que cualifican como “obsoletos”, e dos escáneres, “que obrigan a perder tódolos días parte da xornada laboral só en escanear sentenzas, facer as liquidacións de condena, ou as comparecenzas para mandar a Fiscalía”, ademais da incompatibilidade entre programa informático da fiscalía (Fortuny) e o dos xulgados (Minerva).

Para solucionar todos estes problemas, o bipartito, ante as protestas dos traballadores, aprobara 3 prolongacións de xornada por cada xulgado do Penal de Vigo. “Durante esta medida, a pendencia acumulada baixou a mínimos históricos”, defenden.

“Mais coa chegada do actual Director Xeral, Juan Jose Martín, e da Subdirectora Xeral,
Dolores Madrid, nomeados por Alfonso Rueda, as medidas de reforzo elimináronse e a
estatística dos xulgados do Penal regresou aos números anteriores”, salientan, polo que culpan á Xunta de Galicia de “despreciar ao Servizo Público de Xustiza”.

Pirotecnia Galega
Dono da pirotecnia La Gallega, escoltado pola Guarda Civil á saída do xulgado/ Miguel Núñez

Porque, segundo defenden, “agora, tras 3 meses de folga indefinida, cun seguimento do 95% dos traballadores de Vigo, a situación dos xulgados está peor que nunca: nestes momentos, en cada Xulgado do penal da cidade, hai máis de 1000 execucións en trámite. Das 1000 demandas hai aproximadamente 230 sen nin sequera incoar (atopándose incoadas as causas urxentes)”.

E engaden ademais que “os xuízos non correron mellor sorte: ademais dos centos de xuízos suspendidos durante a folga, durante os meses de xuño e xullo nun dos xulgados, a modo de exemplo, suspendéronse, de 102 xuízos, 40 (40%), o que implica unha nova citación das partes, o probable aumento de días de xuízos, e retrasos nas sentenzas e futuras execucións”.

O retraso no traballo provocará que condenados por alcolhemia cumpriran a condena sen ser notificados da liquidación da condena ou en ultimo caso podería prescribir algún tipo de pena leve. Así mesmo, non se recadan os cartos das penas de multa impostas nin tampouco as indemnizacións para os prexudicados de outros delitos.

En conclusión, esixen que a Xunta implante un “verdadeiro plan de actuación, que permita sacar todo o traballo acumulado, tanto pola falta de persoal, como pola falta de medios e pola folga”.

ÚLTIMAS

Piden 18 anos de cárcere para dous homes que violaron e gravaron a agresión a unha nova de 18 anos en Vigo

A Fiscalía pide máis de 15 anos de cárcere para dous homes acusados de...

Ferido un operario tras caer da cesta elevadora coa que retiraba unha cámaras no paseo de Panxón

Un operario resultou ferido tras envorcar un camión e caer da cesta elevadora cando...

O acusado de agredir sexualmente a unha familiar menor en Vigo enfróntase a 14 anos de cárcere

A Fiscalía de Vigo solicita 14 anos de prisión para un home acusado dun...

Inspección de Traballo investiga un accidente laboral en Stellantis Vigo no que unha operaria perdeu un pé

A Inspección de Traballo abriu unha investigación para coñecer as circunstancias dun accidente laboral ocorrido...