InicioVigo e contornaVigoDezasete millóns, o valor do contrato de electricidade asinado polo Concello de...

Dezasete millóns, o valor do contrato de electricidade asinado polo Concello de Vigo tras a suba no prezo da luz

O obxectivo, segundo apuntaron, é "blindar" a seguridade económica do contrato, que ten un orzamento base de licitación sen impostos de 14,6 millóns, que ascende aos 16,88 millóns con impostos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo rescindiu o contrato de electricidade coa compañía eléctrica Iberdrola e asinou un novo documento por case 17 millóns de euros para os próximos 12 meses a partir deste novembro debido ao incremento do prezo da luz.

Tal como informaron fontes municipais consultadas por Europa Press, o pasado marzo adxudicouse a Iberdrola un contrato por un importe de 6,56 millóns de euros que duraría un ano, ata o terceiro mes de 2023.

Catro meses despois, debido á fluctuación dos prezos da enerxía, o Concello constatou que non se podería afrontar economicamente o contrato. Por iso, realizouse unha modificación do mesmo do 20% para afrontar o gasto, de tal forma que se incrementou en 1,31 millóns máis, alcanzando ata outubro.

“A partir de aí, o Concello rescindiu o contrato de mutuo acordo con Iberdrola e adheriuse ao acordo marco coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que ten un prezo fixo de enerxía, coas excepcións do CAP do gas (tope ao gas). É un acordo marco por ano, con posibilidade de prórroga un ano máis ao que se adheriron moitos concellos de España”, indicaron desde o Concello.

O obxectivo, segundo apuntaron, é “blindar” a seguridade económica do contrato, que ten un orzamento base de licitación sen impostos de 14,6 millóns, que ascende aos 16,88 millóns con impostos.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...