Home Deportes Galería de fotos: Castrelos vive as 24 horas de Vigo, gran festa do atletismo popular

Galería de fotos: Castrelos vive as 24 horas de Vigo, gran festa do atletismo popular

0
Galería de fotos: Castrelos vive as 24 horas de Vigo, gran festa do atletismo popular
Castrelos vive a súa gran festa/ Miguel Núñez

Un ano máis, os corredores conquistaron o Parque de Castrelos durante a última fin de semana de agosto. O obxectivo, completar os máximos quilómetros posibles de forma individual ou por equipos, entre as 12 da mañá do sábado e as do domingo seguinte.

Os corredores individuais volveron a ser unha das iconas da proba. Triunfaron Miguel Ángel Alonso e Yolanda Núñez, logrando do seu propio pé 200 e 157 quilómetros cada un.

Por equipos, os mellores foron Atletismo Baiona (categoría mixta), Rosa Viña (categoría masculina), e Rungarreras (feminino). Completaron 384, 392 e 317 voltas dun quilómetro ao parque respectivamente.

o esforzo, o sacrificio

Máis que unha competeción: a gran festa do atletismo popular en vigo

o importante, ser equipo

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here