InicioSociedadePropoñen a "Mesa do Porto de Vigo" para facer posible a cooperación...

Propoñen a “Mesa do Porto de Vigo” para facer posible a cooperación entre institucións

Solucionaría esta medida o conflito entre Porto de Vigo e Concello e deixarían de asumir riscos os vigueses e viguesas ao visitar espazos como a ETEA, o Paseo de Bouzas ou o Náutico?

PUBLICADO O

- Advertisement -

En medio do conflito aberto entre administracións con respecto ao derrubamento do paseo marítimo das Avenidas durante a derradeira xornada do Marisquiño, que provocou 467 persoas feridas, o BNG exixe a fin “da lea partidista para poñer no centro a atención das vítimas e sumar esforzos para que non volva suceder nada parecido”.

E, para propiciar a cooperación institucional, propuxeron a posta en marcha dunha “Mesa do Porto de Vigo”, que debe ser un espazo para a coordinación entre as diversas administracións e os axentes sociais implicados na vida portuaria e na cidade”, explica Serafín Otero, responsábel local do BNG.

Neste sentido, propoñen que a Mesa estea integrada por representantes da Autoridade Portuaria, Concello de Vigo, Xunta de Galiza, Zona Franca, así como de organizacións sectoriais vinculadas ao Porto (como a Cooperativa de Armadores), a Federación Veciñal, sindicatos, comerciantes, Universidade de Vigo, colectivos de defensa ambiental e a Plataforma en Defensa da Ría de Vigo.

O Marisquiño 2018, antes do accidente / Miguel Núñez

“Fronte ao conflito interesado e partidista é hora do diálogo construtivo e da cooperación en favor do desenvolvemento do Porto e da súa mellor integración urbana”, explicou Otero.

O BNG entende que a primeira tarefa da nova Mesa do Porto de Vigo é auditar a nivel arquitectónico e de seguranza o estado de toda a superficie e instalacións portuarias de acceso público e acordar a súa remodelación.

Despois do sucedidono paseo das Avenidas e do lamentábel estado de conservación do paseo de Bouzas, é urxente actuar antes de ter que lamentar outro accidente”, advirten desde a fronte nacionalista.

Estado dos taboleiros do Paseo de Bouzas/ Miguel Núñez

“Xestión nefasta”

Serafín Otero denunciou a “nefasta xestión” que por parte das administracións implicadas se fixo até o momento do accidente do Marisquiño. “467 persoas feridas e as súa familias levan case dúas semanas vendo como as administracións en lugar de implicarse en asistilas e buscar solucións, optaron por un espectáculo lamentábel botando as culpas ao de enfronte”, critica Otero.

Investigación

Así mesmo, Otero esixiu de novo a máxima transparencia e unha investigación a fondo, fronte a “opacidade” coa que estarían a actuar Concello de Vigo e Autoridade Portuaria.

Así o reclamou o BNG, propoñendo nos últimos días a creación dunha Comisión de Investigación no Parlamento de Galiza. “Temos que saber que pasou e porque pasou. Non só para depurar responsabilidades, senón sobre todo para evitar que volva suceder nada parecido”, defende.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...