InicioCulturaPoderíase facer en Vigo un festival como o de Paredes de Coura...

Poderíase facer en Vigo un festival como o de Paredes de Coura ou o BBK Live?

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, repetiu durante o Vigo en Festas que o auditorio de Castrelos é un “marco incomparable”, mais, isto é realmente certo? As instalacións do Festival Paredes de Coura, a 20 minutos en coche da fronteira con Portugal, parecen deixar atrás o organizado en Vigo.

Tamén en canto ao son, posto que durante o Vigo en Festas chegaron a queixarse algúns dos espectadores de problemas para escoitar con nitidez nas zonas altas do auditorio, mentres que en Paredes a calidade do son era practicamente perfecta en calquera punto.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

En canto aos artistas, hai que recoñecer que se acadaron varios cheos, pero tamén é certo que apareceron voces críticas coa calidade dos artistas convidados, cando en Vigo, en tempo, teñen tocado estrelas como os Rolling Stones, Madonna, Dire Streets…

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Entón, como a comparación non é totalmente xusta, posto que a entrada a Paredes de Coura tiña un custe moito máis elevado, a pregunta é: podería organizarse en Vigo un festival semellante? O máis similar, o Marisquiño, está máis centrado nos deportes de risco.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Espazo para a prensa internacional no Paredes de Coura

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Cheo impresionante durante un dos concertos de Paredes

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Ao redor dos diferentes escenarios, habilitáronse diferentes zonas de ocio e descanso para os visitantes.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Unha parella descansa entre concerto e concerto

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Postos de comida rápida, latina, portuguesa…

A organización do festival vendeu camisetas, lámpadas e diverso merchandising.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Os concertos dinamizáronse con efectos de luz e vídeo en pantalla xigante.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

A seguridade tivo unha actuación exemplar durante os concertos, algúns deles moi perigosos.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Detido un mozo de 19 anos tras apuñalar a outro nunha discusión en Vigo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este martes a un mozo de 19...

Cinco detidos en Vigo por un alixo de 200 quilos de cocaína chegado nun portacontedores desde Sudamérica

A Policía detivo a cinco persoas pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200...

O BNG alerta de que 9 de cada 10 alugueiros en Vigo superan os 700 euros e esixe declarar a zona tensionada

O BNG de Vigo alertou este martes de que 9 de cada 10 vivendas...

O PP de Vigo esixe a Caballero que rompa o seu “silencio cómplice” ante o pacto entre o PSOE e ERC

O PP de Vigo esixiu este martes ao alcalde da cidade, Abel Caballero, "que...