InicioVigo e contornaVigoAvance: Os axentes forestais maniféstanse en Vigo e reivindican o seu traballo...

Avance: Os axentes forestais maniféstanse en Vigo e reivindican o seu traballo en defensa do monte

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de Folga (CIG e UGT) dos Axentes Ambientais e Forestais de Galicia, en paro indefinido dende o pasado 1 de agosto, está a manifestarse desde as 19:00 en Vigo, cun percorido que remata xunto á estatua de Xulio Venre. Están presentes o portavoz de En Marea, Luís Villares, e mais o do PSdG, Gonzalo Caballero.

Os forestais, ademais de esixir unha mellora das súas condicións de traballo, acusan á Xunta de non poñer en marcha o plan forestal: “Nunca apostou por unha política forestal clara e decidida de valorización do monte, do medio rural e do medio natural no seu conxunto, nin é un bo exemplo de xestión dos montes públicos e dos conveniados con Comunidades de Montes”.

Ademais, lamentan que o organismo público presidido por Feijóo “non axuda á dinamización das Comunidades de Montes menos desenvolvidas, nin promove a concentración e a xestión conxunta dos minifundios da propiedade privada forestal, nin actúa de oficio no establecemento de medidas de prevención contra os incendios forestais para a protección dos núcleos de poboación”.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...