InicioVigo en FotosA noite máis difícil do Marisquiño, en imaxes

A noite máis difícil do Marisquiño, en imaxes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A superficie do espigón do Porto de Vigo cedeu ás 23.58 da noite durante a última xornada do Marisquiño, e dende esa hora o número estimado de feridos foi aumentando, ata os 312 actuais. Por sorte, só 5 deles son graves e non hai que lamentar mortos.

Os servizos de Emerxencias buscan a persoas nas estruturas do Porto tras o accidente do concerto do Marisquiño / Miguel Núñez

Polo momento, non houbo grandes declaracións sobre o acontecido. A organización do Marisquiño publicou nas últimas horas un comunicado en solidaridade coas vítimas, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, desprazouse pola noite á zona do suceso.

Espigon do Marisquiño / Miguel Nuñez

Tamén Pedro Sánchez, presidente do Goberno de España, emitiu a súa mensaxe de apoio, mais as diferentes formacións políticas aínda non se pronunciaron ao respecto nin pediron responsabilidades.

Pesoal de Emerxencias no Marisquiño de Vigo /Miguel Núñez

Pola súa banda, a portavoz do PP en Vigo, Elena Muñoz, xa advertira do mal estado desta zona, chegando a desexar publicamente en Twitter que non acontecera ningunha traxedia, como finalmente si ocorreu.

Os feridos, segundo a súa gravidade, foron trasladados ao Cunqueiro, o Cunqueiro, Povisa, ou o PAC.

Persoas son atendidas logo do accidente no concerto do Marisquiño / Miguel Núñez

Coa colaboración do resto dos condutores, facilitouse o traslado das vítimas en ambulancias, máis de 20.

Accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

Abel Caballero, nas súas declaracións para os medios de comunicación, falou duns 30 feridos, máis esta cifra rapidamente aumentou, ata superar os 130, despois máis de 200 e finalmente incluso por riba dos 300, aínda que a maioría deles son de carácter leve.

Abel Caballero fai declaracións tras o accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

O máis seguro é que nas próximas horas as diferentes formacións comecen a pedir responsabilidades políticas.

Persoas son atendidas logo do accidente no concerto do Marisquiño / Miguel Núñez

 

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...