InicioSucesosA caída dunha árbore desfai unha furgoneta na rúa Arquitecto Palacios

A caída dunha árbore desfai unha furgoneta na rúa Arquitecto Palacios

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía local trasladouse este luns á rúa Arquitecto Palacios en dirección Castrelos, onde unha árbore de dimensións importantes situada ao bordo da calzada caera sobre unha furgoneta Nissan, causándolle importantes danos.

Ata alí desprazouse unha dotación de Bombeiros, xa que a árbore inutilizara dous carrís dun sentido, e outro da dirección contraria. A furgoneta sufriu importantes danos materiais, e a condutora do mesmo tivo que ser asistida por un ataque de ansiedade. Descoñécense as causas concretas que motivaron a caída da árbore.

Do mesmo xeito, ás 21:53 horas do día 7 de Agosto unha patrulla da Policía Local desprazouse a onde unha árbore caera sobre unha casa. A causa probable, o tránsito continuado de camións que fornecen de material a unha obra próxima, e que adoitan remontar de forma constante a beirarrúa.

ÚLTIMAS

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...