InicioSociedadeUn xulgado de Vigo encargarase "en cuestión de días" de declarar o...

Un xulgado de Vigo encargarase “en cuestión de días” de declarar o falecemento dos desaparecidos no naufraxio

Continúan desaparecidos un total de 12 tripulantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A petición da declaración de falecemento, instada pola Fiscalía, dos tripulantes desaparecidos do ‘Villa de Pitanxo’ recaeu no Xulgado de Instancia número 2 de Vigo.

Segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), este partido xudicial é o encargado ao partir a embarcación da cidade de Vigo, mentres se espera que esa declaración sexa “cuestión de días”.

De tal forma, xa está presentada toda a documentación necesaria, así que agora trátase de que a letrada xudicial, que é quen se encarga destes temas, revise e firme as declaracións.

Hai uns días, a Fiscalía de Pontevedra informaba da apertura de dilixencias de oficio para pescudar a identidade –nomes, apelidos, datas de nacemento e residencia– dos mariñeiros, españois e estranxeiros, que aínda non puideron ser localizados tras o naufraxio do buque Villa de Pitanxo, o pasado 15 de febreiro a 450 quilómetros ao leste de Terranova (Canadá). En concreto, continúan desaparecidos un total de 12 tripulantes.

Precisamente, este luns os familiares de vítimas e desaparecidos do ‘Villa de Pitanxo’ recibiron asesoramento, na Subdelegación do Goberno de Pontevedra, para axilizar os trámites burocráticos en relación ás solicitudes de prestacións.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...