InicioSucesosDetido en Vigo un taxista dunha localidade veciña por golpear outros vehículos...

Detido en Vigo un taxista dunha localidade veciña por golpear outros vehículos en estado de ebriedade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo procedeu este martes á detención de J.G.F., varón de 59 anos de idade, natural e veciño de Vigo, quen conducindo un taxi baixo efectos do alcohol, danou a catro automóbiles estacionados. A taxa de alcohol superaba o límite penal establecido, e ademais intentou agredir a un axente no lugar do sinistro.

Ás 20:50 horas do 7 de agosto de 2018, os axentes foron chamados á rúa Cesáreo González, onde un taxi saíra da vía, danando a outros automóbiles estacionados. Unha vez no lugar, comprobaron que se trataba de cinco vehículos implicados; catro deles estacionados. O causante do sinistro era un Peugeot, Taxi con licenza doutra localidade próxima a Vigo.

Desde o primeiro momento observouse que o taxista atopábase baixo os efectos de bebidas alcohólicas. Tratábase do referido J.G.F., quen cando foi informado de que sería sometido á proba de alcoholemia, insultou aos Policías e aos transeúntes, chegando a encararse cun dos axentes, ao que intentou agredir, aseguran os policías.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...