InicioSociedadeVigo continúa a liderar a baixada de casos activos de Covid en...

Vigo continúa a liderar a baixada de casos activos de Covid en Galicia

Alíviase a presión hospitalaria, con 4 ingresados menos con Covid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 volven aumentar tras varios días en descenso ata os 2.299, que supoñen 647 máis que no inicio desta semana, mentres que os casos activos baixan a 36.105 –outros 2.535 menos–e os pacientes hospitalizados por este coronavirus redúcense a 653 –dez menos–. Pola súa banda, a taxa de positividade cae a un 12,6 por cento no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este martes con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, recollidos por Europa Press, baixan a 42 as persoas hospitalizadas pola Covid-19 en UCI en Galicia –dúas meno s– e descenden a 611 as ingresadas noutras unidades convencionais –oito menos–, mentres que 35.452 pacientes permanecen en seguimento n o seu domicilio. Hai unha semana había 701 hospitalizados.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en cinco das sete –A Coruña e Cee, Vigo, Santiago e Barbanza, Ourense e Ferrol–, mentres que aumenta nas de Pontevedra e O Salnés e na de Lugo. No caso da de Pontevedra e O Salnés aumentan a seis os pacientes Covid en UCI –un máis– e a 101 os ingresados noutras unidades –12 máis–; mentres que na de Lugo, aínda que descenden a tres os críticos –un menos–, pero aumentan a 61 os hospitalizados noutras unidades — tres máis–.

Pola súa banda, na de Vigo mantéñense oito pacientes ingresados en UCI e descenden a 74 os ingresados noutras unidades –catro menos—; e na de Ourense baixan a cinco o críticos –un menos– e a 106 os hospitalizados noutras unidades –seis menos–.

Na da Coruña  e Cee descenden a 12 os pacientes Covid en UCI –uno menos– e a 156 os ingresados noutras unidades –catro menos–; e na de Santiago e Barbanza seguen sete en críticos e baixan a 77 os hospitaliza dos noutras unidades –seis menos–.

Tamén na área de Ferrol continúa un paciente ingresado pola Covid-19 en UCI –sen cambios– e descenden a 36 os hospitalizados noutras unidades –tres menos–.

CASOS EN DESCENSO

Os casos activos de Covid manteñen a tendencia descendente nesta sexta onda e baixan a 36.105, que representan 2.535 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (4.822) que contaxios (2.299), ao que se engaden 13 falecementos. O martes pasado había 51.561 infeccións activas.

De novo, os casos activos redúcense nas sete áreas sanitarias, coa de Vigo á cabeza (-777), seguida da da Coruña e Cee (-532), Santiago e Barbanza (-515), Pontevedra e O Salnés (-257), Lugo (- 227), Ourense (-191) e Ferrol (-67).

Así, con máis casos activos sitúase a área da  Coruña e Cee, con 7.952; seguida da de Vigo, con 7.872; Santiago e Barbanza, con 6.307; Pontevedra e O Salnés, con 4.063; Ourense, con 3.844; Lugo, con 3.817; e á cola mantense a de Ferrol, con 1.843.

Segundo o último informe actualizado o luns 14 de febreiro polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia descende a 1.869,57, mentres que a media nacional atópase en 1.244,44.

AUMENTO DE CONTAXIOS

Polo seu lado, os novos contaxios aumentan a 2.299, que implican 647 máis que os 1.652 cos que se iniciou esta semana, tras varios días en descenso. Hai unha semana, o pasado martes 8 de febreiro, detectáronse 4.043.

Por tanto, os contaxiados ascenden en Galicia a 475.707, dos cales 113.173 corresponden á área de Vigo; 100.224, á da Coruña e Cee;  74.189, á de Santiago e Barbanza; 56.544, á de Ourense; 55.181, á de Pontevedra e O Salnés; 49.195 á de Lugo; e 26.794, á de Ferrol.

Na xornada pasada realizáronse outras 3.686 PCR que elevan a 3.644.291 as probas feitas desde o inicio da pandemia en Galicia e 4.044 test de antíxenos, que suman 1.482.027 no conxunto da Comunidade galega, o que constitúe 7.730 entre ambas, 1.788 máis que as feitas o día anterior.

A taxa de positividade –número de PCR positivas por cada 100 realizadas– descende ao 12,63 por cento, tras comezar esta semana no 14,3 por cento, polo que segue por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...