InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Policía Local rescata un can abandonado sen auga no interior dun...

A Policía Local rescata un can abandonado sen auga no interior dun vehículo en plena vaga de calor

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo foi alertada ás 12:05 horas do día 3 de agosto da presenza dun can atrapado no interior dun vehículo aparcado na zona de Rioboo. Trasladados de inmediato ao lugar, comprobouse como efectivamente na parte do condutor estaba asfixiándose un can de cor branca, da raza Bull Terrier.

Parecía estar baixo os efectos dun golpe de calor, non respondendo ás distintas chamadas que os axentes facían para atraer a súa atención. No interior do automóbil, que se atopaba pechado a excepción duns dous dedos de abertura nas ventás das portas dianteiras, non se observou recipiente algún con auga do que o animal puidese beber.

Rescate semellante ao desta fin de semana, gravado en vídeo

A prioridade era intentar recuperar ao can, así que se optou por intentar baixar unha das ventás do vehículo, e tras conseguilo recolleuse ao animal, que perdera o sentido. O axente, coa axuda dos veciños que requiriran o servizo, foi recuperando aos poucos ao can, prolongándose os labores por espazo de 20 minutos, consistindo en arrefriar a súa
temperatura corporal, facilitándolle auga. Finalmente foise recuperando.

Trala lectura do microchip, o can foi evacuado cara á protectora de animais, para
a súa atención e coidado. O vehículo no que se atopaba foi trasladado ao depósito municipal. Carece de SOA e ITV vixente. O feito de deixar a un animal encerrado no turismo, e nas condicións nas que se fixo, determinou o inicio das actuacións pertinentes por un presunto delito de maltrato animal.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...