InicioCulturaO Concello de Vigo aumenta o financiamento ao Museo Marco e Caballero...

O Concello de Vigo aumenta o financiamento ao Museo Marco e Caballero censura que a Xunta non o fai

"A Xunta de Galicia dedica os recursos a financiar os museos doutras ciduades. Varios en Santiago de Compostela, por exemplo", esgrimiu o rexedor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo aumentou o seu financiamento para a Fundación do Museo Marco ata case 800.000 euros, segundo anunciou este mércores en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero.

Así, este ano o Concello achegará 120.000 euros máis ao Museo Marco, con ata 795.000 euros. Deste aumento, unha parte é para a Exposición Laxeiro e outra parte para o propio funcionamento do centro.

Unha subida de case o 20%, reivindicou Caballero, quen lamentou que a Xunta de Galicia non subise a súa achega ao Museo, a pesar de que o Ministerio de Cultura aumentouna en 15.000 euros e a Deputación de Pontevedra, en 10.000 euros.

“A Xunta de Galicia dedica os recursos a financiar os museos doutras ciduades. Varios en Santiago de Compostela, por exemplo”, criticou o rexedor vigués.

Noutra orde de cousas, Caballero insistiu sobre o tema da ampliación da autovía A-52 para unir O Porriño con Vigo, pedindo o pronunciamento dos empresarios sobre a “oposición” do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao túner que uniría estas dúas localidades. “Non os escoito e quero escoitalos”, indicou Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...