InicioSociedadeVigo rexistra 1.600 contaxios de Covid dos case 6.000 rexistrados no conxunto...

Vigo rexistra 1.600 contaxios de Covid dos case 6.000 rexistrados no conxunto de Galicia

Repuntan os contaxios en toda Galicia pero continúan baixando as infeccións activas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os contaxios diarios de Covid en Galicia experimentaron un repunte nas últimas horas e volven roldar os 6.000 casos novos, aínda que descenderon levemente a presión hospitalaria e o número total de infeccións activas.

Así se reflicte no informe publicado este mércores pola Consellería de Sanidade (con datos recolleitos hastas as 18,00 horas do martes), no que se notifican 5.963 contaxios novos nas últimas horas, o que supón 1.386 contaxios novos máis que os rexistrados na xornada anterior.

As novas infeccións detectadas soben en todas as áreas sanitarias, especialmente na de Vigo e a da Coruña, onde se rexistraron, respectivamente, 1.590 e 1.275 contaxios novos.
Na área sanitaria de Santiago notificáronse 1.065 contaxios novos; na área de Ourense son 608 as novas infeccións; na área de Pontevedra hai outras 583 persoas máis contaxiadas; na área de Lugo rexistráronse 582 novos contagios; e na área de Ferrol hai 260 novos infectados.

Con respecto ao cómputo global de casos activos, o Sergas confirmou que hai en Galicia 60.277 persoas con Covid, 443 menos que hai un día. Os casos baixaron en todas as áreas sanitarias: en Vigo hai 15.610 casos activos (51 menos), na Coruña hai 13.275 infeccións (48 menos), na área de Santiago hai 9.821 casos (118 menos), en Pontevedra hai 6.564 casos (221 menos), en Lugo hai 6.148 persoas con Covid (57 menos), en Ourense son 6.015 os enfermos (114) e en Ferrol baixaron a 2.844 (70 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

A información feita pública por Sanidade confirma que hai 681 persoas con Covid nos hospitais galegos (23 menos que hai un día), das que 40 están en Unidades de Coidados Intensivos (unha menos) e 641 en camas convencionais (22 menos).

Por áreas, a da Coruña e a Vigo rexistran o maior número de enfermos en coidados críticos, con 12 e 7 respectivamente. Así, aínda que a primeira ten un paciente máis en UCI, na área de Vigo reduciuse o número en dous.

No resto de áreas sanitarias galegas non se produciron cambios na ocupación da UCI. Na área de Lugo hai 6 pacientes, nas de Pontevedra e Santiago hai 5 pacientes, na de Ourense hai 3 pacientes, e na de Ferrol seguen 2 pacientes.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...