InicioSucesosDetido tras propinar unha puñada a un policía

Detido tras propinar unha puñada a un policía

O home estaba "visiblemente agresivo" no interior dun coche coa súa parella.

PUBLICADO O

Un home foi detido en Vigo tras propinar unha puñada no peito a un axente de policía que trataba de identificalo.

Tal como explica a Policía Local nun comunicado, o suceso ocorreu pasadas as 13,10 horas do pasado sábado, cando unha persoa alertou aos axentes de que unha parella estaba a consumir no interior dun vehículo nun canellón próximo a San Roque.

No lugar, os actuantes escoitaron berros entre a parella, observando ao home visiblemente agresivo, aínda que sen chegar a golpear á muller. Os policías separaron á parella, encarándose o home cos funcionarios, ignorando os requirimentos para que se tranquilizase e identificase, incluso chegando a dar unha puñada a un dos axentes no peito.

Por iso, foi detido por presuntamente cometer un delito de resistencia e atentado, sendo o home J.C.C.A.C. de Vigo e 47 anos idade. Ela, P.B.B. tamén de Vigo e 41 anos, actuou nos mesmos termos que o home cunha conduta “pouco colaboradora”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...