InicioEconomíaDavid Regades promete que a Zona Franca colaborará co Marisquiño o vindeiro...

David Regades promete que a Zona Franca colaborará co Marisquiño o vindeiro ano

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado da Zona Franca, David Regades, invitado polos organizadores de “O Marisquiño”, e acompañado polo alcalde da cidade, Abel Caballero, e a presidenta da Diputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou este xoves pola mañá as obras da montaxe onde terá lugar “O Marisquiño” desde o 10 ao 12 de agosto. 

“Un ano máis, e grazas a este evento, Vigo volverá ser capital mundial do deporte e a cultura urbana coa celebración da que é a súa XVIII edición e que se espera supere os centos de miles de persoas que participaron en anos anteriores“, salientaron dende a Zona Franca.

En roda de prensa, Abel Caballero animou ao delegado da Zona Franca a colaborar na próxima edición, ao que David Regades se comprometeu manifestando que: “A Zona Franca quere estar nos eventos que fortalecen a economía da cidade e este, claramente, é un deles, xa que é esencial para os hoteis, os restaurantes e os servizos de Vigo, por iso comprométome o ano que vén participar no convenio”.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...