InicioVigo e contornaVigoA Residencia Bembrive baixa a 15 contaxios despois de rexistrar máis de...

A Residencia Bembrive baixa a 15 contaxios despois de rexistrar máis de 100 positivos

Con todo, as cifras globais de infeccións nos centros de Galicia ascenden a 555.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 nas residencias de maiores en Galicia seguen en aumento e ascenden a 555, que supoñen 143 máis que os 412 rexistrados hai unha semana –a Xunta actualízaos cada mércores– concentrados en 58 centros. Destacan brotes de 45 e 43 contaxiados en instalacións de Ferrol e A Mezquita, Ourense, respectivamente.

Segundo os datos actualizados este mércores polas consellerías de Política Social e Sanidade, o megagromo con 105 usuarios da Residencia Bembrive de Vigo redúcese a 16 maiores contaxiados. Dos datos actualizados, destacan os brotes con 45 usuarios contaxiados na Residencia Mi Casa de Ferrol e os 43 na San Martín da Mezquita, aos que se engaden os 35 rexistrados en El Rocío de Vigo.

Pola súa banda, a Residencia Xeriátrica de San Cosme de Rubiá concentra 34 usuarios contaxiados e a Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa rexistra 30 maiores con Covid-19. Con máis dunha vintena de casos sitúanse as residencias ourensás de Larouco (28) e San Martiño de Nogueira de Ramuín (24), seguidas da dos Tercios de Touro (20), a Residencia Valadouro (20) e a da Virxe de Guadalupe de Mos (20).

CENTROS DE DISCAPACIDADE

En canto ás residencias de atención á discapacidade da Comunidade galega, os casos activos de Covid-19 aumentan a 42 en sete centros, que implican 31 máis que hai unha semana. En concreto, destacan os 19 casos no CAPD de Sarria, 13 na Residencia Gravemente Afectados Juan Vidán Torres de Santiago e seis nas Esclavas de la Virge Dolorosa de Mos.

Pola súa banda, cun caso de Covid en cada unha atópanse as residencias La Casa de Lamastelle de Oleiros, a Pai Menni de Betanzos, CAPD de Redondela e Residencia de Atención Integral Apamp de Vigo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...