Os cinco acusados dun delito de tráfico de drogas e un de pertenza a grupo criminal polo transporte de 88 quilogramos de haxix nunha furgoneta desde o sur de España, e que actuaban nos municipios de Vigo e Redondela eludiron a prisión tras chegar a un acordo coa Fiscalía e admitir os feitos polos que eran acusados.
Así, tras ese acordo, a xuíza do Penal número 1 de Vigo leu a sentenza (e declarouna firme) pola que condena aos cinco acusados a penas de entre 1 ano e 7,5 meses e 1 ano e 11 meses de prisión. Así mesmo, impuxo a cada un deles multa de 250.000 euros.
Na resolución aplicáronse as circunstancias atenuantes de confesión e dilacións indebidas. A execución da pena quedou suspendida por 2 anos, coa condición de que os procesados non delincan nese tempo.