InicioSociedadeRatifican a prisión provisional para o detido polo asasinato do profesor xubilado...

Ratifican a prisión provisional para o detido polo asasinato do profesor xubilado de Vigo

O presunto culpable está investigado por un delito de asasinato.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 4 de Vigo ratificou a medida de prisión provisional, comunicada e sen fianza, para David M.C. veciño de Monforte de 21 anos de idade, investigado pola súa presunta vinculación co asasinato dun profesor xubilado en Vigo. O mozo chegou na mañá deste xoves aos xulgados da cidade olívica procedente da prisión da Lama, onde ingresou o pasado venres por orde do Xulgado de Instrución número 5.

Esa sala inhibiuse en favor do Xulgado de Instrución número 4, que estaba de garda no momento dos feitos, e ante cuxo titular compareceu o investigado, que de novo se acolleu ao seu dereito a non declarar. O maxistrado ratificou a medida de prisión ditada hai case unha semana. Ademais, tomáronselle mostras de cabelo para análise de tóxicos.

DETENCIÓN

David M.C. foi detido o pasado 4 de xaneiro, tras ser interceptado pola Garda Civil nun control de tráfico na AP-53, no municipio de Silleda. A súa actitude e, sobre todo o feito de que portaba documentos dun veciño de Vigo (Benito T.S., profesor xubilado de 69 anos) e os seus cartóns bancarios, levantou as sospeitas dos axentes, que contactaron con Policía Local e Policía Nacional de Vigo.

Os funcionarios policiais tentaron localizar o veciño da cidade olívica e, tras falar cun familiar, accederon ao seu domicilio na rúa Areal. Alí atoparon o seu cadáver cun corte profundo no pescozo, cortes no peito e golpes na cabeza.

A Policía continúa coas pescudas para tratar de esclarecer as circunstancias que rodean este crime, entre elas, os gastos que o investigado (que ten antecedentes por estafa) realizou cos cartóns bancarios da vítima, e a posible adquisición de dous vehículos de segunda man con diñeiro do falecido.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...