InicioVigo e contornaVigoProtestas en Teis contra a contaminación acústica da AP9: "é un escándalo"

Protestas en Teis contra a contaminación acústica da AP9: “é un escándalo”

Piden ao Goberno que instale unhas pantallas acústicas demoradas dende 2016.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Protestas en Teis contra a contaminación acústica derivada da AP9. A Asociación Veciñal de Teis dirixiuse por escrito o pasado mes de decembro, a  Raquel Sánchez Jiménez, Ministra de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, para, segundo apuntan, reivindicar solucións para a cuestión da autoestrada, en particular no tocante ao ruído –pedindo pantallas acústicas– e á mellora dos pasos elevados sobre os camiños da Xorxa e A Trapa.

Fíxoo así despois de que o derradeiro anuncio do BOE só anunciara o proxecto para construír pantallas nun tramo do enlace entre O Morrazo enlace Teis, que será efectivo nas parroquias San Adrián de Cobres, de Cabanas e de Chapela, pero non no barrio vigués.

A decisión xa foi rexeitada pola asociación, que destaca a demora da satisfacci´´ón destas demandas: “Levamos  anos reivindicando unha actuación urxente na autoestrada da AP9 sobre a contaminación acústica no tramo desde Padín até o centro da cidade de Vigo”, explican

A cuestión estaría en que as pantallas acústicas de Teis xa estarían recollidas nun Plan de Acción contra el Ruído de 2016 que, non obstante, segue sen aprobar. Todo mentres se van sumando “datos moi preocupantes de contaminación acústica en Teis”, xa que, segundo estacan, hai un total de 5.000 domicilios e 13.500 persoas están a máis de 55 dB, de acordo cun estudo de Audasa de 2012.

Por iso vén como “un escándalo” que no tramo Teis-Vigo, “un dos máis poboados e con maior contaminación acústica, non se inclúa a instalación de pantallas acústicas”. Dende a asociación subliñan quen se trata dun tramo con vivendas a escasos metros da autoestrada e que padece o seu “desde hai décadas”.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...