InicioVigo e contornaVigoFalece un home de 58 anos no CHUVI que fora diagnosticado con...

Falece un home de 58 anos no CHUVI que fora diagnosticado con Covid

Elévase a 2.805 o número de mortes pola pandemia en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade notificou este xoves outros cinco falecementos vencellados á pandemia en Galicia. Os óbitos correspóndense ao pasado día 4 e 5 de xaneiro.  Elévanse a 2.805 o número de mortes pola pandemia en Galicia.


O día catro de xaneiro faleceu un home de 91 anos no Hospital do Salnés e tamén un home de 58 anos no CHUVI, en Vigo.


Foi no día de onte cando faleceron outras tres persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Unha delas tiña 78 anos e faleceu no CHUO, en Ourense, así como outra muller de 66 anos, que faleceu no mesmo hospital. O último dos falecementos notificados polo Sergas correspóndese a un home de 90 anos que faleceu no CHOP, en Pontevedra.
As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...