InicioVal MiñorNigránO segundo e o terceiro premio de 'El Niño' cae, moi repartido,...

O segundo e o terceiro premio de ‘El Niño’ cae, moi repartido, na contorna de Vigo

Vendeuse en Vigo, Bueu, Nigrán, Cangas do Morrazo e O Porriño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O primeiro premio da lotaría de ‘El Niño’, o número 41.665, dotado con 2.000.000 de euros por serie, esquivou Galicia, pero non o fixeron o segundo e terceiro premio, que caeron, moi repartidos, nas provincias da Coruña e Pontevedra.

O segundo premio, dotado con 750.000 euros por serie, foi para o número 44.469 e estivo moi repartido en todo o Estado e tamén na comunidade autónoma galega.

Vendeuse na Coruña, en dous puntos de venda, e tamén en Santiago, Fene, Neda, Camariñas e Arteixo, ademais de en a provincia de Pontevedra: en Vigo, Bueu e Nigrán, así como en Cangas do Morrazo.

Mentres, o terceiro premio foi para o número 19.467, dotado con 250.000 euros a serie. Neste caso, vendeuse na localidade coruñesa de Noia e no Porriño.

Precisamente no Porriño, situado na rúa Ramón González, está o establecemento onde se repartiu un ‘belisco’ do terceiro premio, o número 19.467, con 250.000 euros á serie. Foi un décimo, pero que supón, segundo Andrés Martínez, propietario do establecemento, volver dar a sorte despois de dar o primeiro e o terceiro premio en 2021 e con anterioridade outros anos.

Ademais de no Porriño, houbo outros dous estabelecimentos (en Fene e na Coruña) que repartiron tamén este ano, sorte.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...