InicioSociedadeSanidade convoca agora 14 prazas para cubrir as vacantes que quedaron no...

Sanidade convoca agora 14 prazas para cubrir as vacantes que quedaron no 2018

Quedaron libres cando dimitiron en bloque máis dunha vintena de xefes de servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da xerencia da área sanitaria de Vigo polas que se anuncian as convocatorias públicas para a provisión de postos de 7 xefes de servizo de Atención Primaria, outros 7 xefes de unidade e dúas prazas de coordinador/a de Enfermaría.

Con estas convocatorias avánzase no proceso para cubrir as vacantes que quedaron cando, a finais de 2018, dimitiron en bloque máis dunha vintena de xefes de servizo e de unidade da área sanitaria viguesa para denunciar a deterioración da Atención Primaria e reclamar máis medios.

Das prazas que quedaron baleiras, ata agora cubríronse 10: Lavadores, Casco vello, Beiramar, Teis, Rosalía de Castro, Sárdoma e López Moura en Vigo; e as da Cañiza, Ponteareas e Cangas.

Coas convocatorias publicadas polo DOG este xoves, preténdese cubrir as xefaturas de servizo de tres centros de saúde da cidade olívica (Matamá, A Dobrada e Pintor Colmeiro); e dos centros de saúde do Porriño, Tui, Val Miñor e Moaña.

Así mesmo, convocáronse outras sete xefaturas de Unidade para os centros de saúde de Taboada Leal (Vigo), Salceda, Mos, Chapela, As Neves, Panxón (Nigrán) e Salvaterra; e dúas prazas de Coordinación de Enfermaría para os centros do Porriño e Teis.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo denuncia a “opacidade” do Goberno sobre o tren a Portugal e prevé atrasos ata 2036

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, criticou duramente a "opacidade" do Goberno...

Detida en Vigo unha muller que ocultaba 100 gramos de haxix no interior da súa roupa interior

A Policía Nacional detivo na estrada de Camposancos de Vigo a unha muller que...

Detido un mozo de 19 anos tras apuñalar a outro nunha discusión en Vigo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este martes a un mozo de 19...

Cinco detidos en Vigo por un alixo de 200 quilos de cocaína chegado nun portacontedores desde Sudamérica

A Policía detivo a cinco persoas pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200...