InicioEconomíaVigo é o segundo concello galego con máis vivendas turísticas

Vigo é o segundo concello galego con máis vivendas turísticas

Ten 795 vivendas e 3.282 prazas.

PUBLICADO O

Galicia conta cun total de 13.502 vivendas turísticas, segundo un estudo experimental do Instituto Nacional de Estatística (INE) con datos de agosto de 2021. Esta cifra supón un incremento do 7,6% en comparación con agosto de 2020, de forma que Galicia é a segunda comunidade na que máis aumentan as vivendas turísticas no último ano, só superada por Cantabria (+9,7%).

A alza é máis acusada que o 4,5% de crecemento na media española, onde o número de vivendas turísticas supera as 306.000. En cifras totais, Galicia é a sétima autonomía con máis establecementos deste tipo, con Andalucía á cabeza (63.179).

Así, esta oferta de vivendas en Galicia supón 72.753 prazas. Ocupa o sexto lugar neste caso, por encima, por exemplo, de Madrid (61.127 prazas). No caso galego hai 3,5 prazas por vivenda. En Galicia, a porcentaxe de vivenda turística sobre o total de vivendas é do 0,8%, menor que o 1,2% existente en España.

PROVINCIAS E MUNICIPIOS

Entre as provincias galegas, á cabeza atópase Pontevedra (5.800 vivendas e 31.587 prazas), seguida da Coruña (5.244 vivendas e 27.922 prazas). A máis distancia sitúanse as provincias de Lugo (1.789 vivendas e 9.574 prazas) e Ourense (669 vivendas e 3.670 prazas).

Por municipios, sobresae Sanxenxo (1.109 vivendas e 5.943 prazas), seguida de Vigo (795 vivendas e 3.282 prazas). Tamén na provincia de Pontevedra destacan O Grove (412 vivendas e 2.343 prazas) e a cidade do Lérez (305 vivendas e 1.437 prazas).

Santiago é o terceiro concello galego, tras Sanxenxo e Vigo, con datos máis altos –aínda que se observa un descenso respecto de 2020–, xa que conta con 699 vivendas turísticas e 3.166 prazas. A cidade da Coruña ten 583 vivendas turísticas e 2.503 prazas.

Pola súa banda, na provincia de Lugo destaca Foz (248 vivendas e 1.266 prazas), mentres a cidade da muralla ten 167 vivendas deste tipo e 814 prazas. Así mesmo, a cidade de Ourense conta con 193 vivendas e 867 prazas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...