InicioSociedadeO Sergas di que "non existe unha derivación sistemática" de pacientes á...

O Sergas di que “non existe unha derivación sistemática” de pacientes á privada e presume de infraestruturas

O BNG reclama que "deixen de engordar ás empresas privadas" con concertos e se dediquen "a reforzar a sanidade pública".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Servizo Galego de Saúde (Sergas) defende que “non existe derivación sistemática” de pacientes á sanidade privada na área de Vigo, que reduce a un “número limitado”. Así o manifestou o xerente do Sergas, José Flores, en resposta a unha pregunta do BNG na Comisión 5ª no Parlamento sobre a optimización dos recursos dos que dispón o Servizo Galego de Saúde na área sanitaria de Vigo.

Flores defendeu que os acordos marco “para dar resposta á demanda asistencial é lícita” e utilizada “amplamente no Sistema Nacional de Saúde”. Por iso, insistiu en que para “dar resposta en tempo e forma” existe a “posibilidade de concertar esta prestación, que é o que fai o Sergas”.

Sobre a área sanitaria de Vigo, o xerente do Sergas destacou que conta “coa mellor dotación de infraestruturas na comunidade autónoma“, á vez que resaltou a “óptima utilización dos recursos sanitarios públicos”. Neste sentido, asegurou que o Sergas realiza en Galicia “unha boa xestión coordinada das listas de espera”, que lembrou que existen en todas as comunidades.

Sobre a derivación de pacientes a centros privados, o xerente do Sergas matizou que “a poboación elixe se quere ou non ser atendida neste centro concertado”, comentou en relación a Povisa en Vigo.

A parlamentaria do BNG Monste Prado pediu que “deixen de engordar ás empresas privadas e se dediquen a reforzar a sanidade pública”. Segundo destacou, “Povisa finánciase nun 80 por cento polo diñeiro dese concurso” que ten co Sergas.

REGULARIZAR

Fronte a iso, o xerente do Sergas explicou que están co novo acordo marco en Vigo “regularizando con contratacións o que ata agora eran concertos”.

E tras destacar que co goberno bipartito na Xunta destinaban un 6% por cento dos fondos a concertos con Povisa, máis de 70 millóns, incidiu en que na actualidade sitúase “por baixo do 5%”.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...