InicioSociedadeVitrasa pide acabar coa "conflitividade desproporcionada" da folga e apela a formular "propostas...

Vitrasa pide acabar coa “conflitividade desproporcionada” da folga e apela a formular “propostas viables”

Defende que as condicións do persoal son "as mellores" entre as empresas do seu sector na provincia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa concesionaria do bus urbano de Vigo, Vitrasa, emitiu este venres un comunicado no que apela ao diálogo cos representantes dos traballadores, ante unha folga (iniciada a pasada fin de semana) que “empeora a situación”, á vez que defendeu que está a formular “propostas reais e viables” ao persoal para mellorar as súas condicións, que xa son “as mellores” entre as empresas do seu sector na provincia.

Vitrasa, que lamentou que os paros están a alterar o dereito dos cidadáns á mobilidade, sinalou que as súas últimas propostas foron enviadas aos sindicatos esta semana, sen obter resposta e criticou que o comité convocou os paros (que se converterán en folga indefinida de luns a venres a partir do 13 de decembro) “apoiándose nunha votación celebrada o pasado mes de xullo”, sen volver a consultar ao persoal desde entón. De feito, recalcou que case a metade do persoal solicitou votar de formar persoal e secreta e non se lles ha constestado.

Por outra banda, a concesionaria insistiu en que vive unha situación “moi complexa” derivada da perda de viaxeiros polas restricións da pandemia de Covid, e que os paros “só fan empeorar a situación”, polo que pediu ao comité que poña fin a esta “situación de conflitividade desproporcionada”.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...