InicioCulturaA I Gala Internacional de Maxia Xacobeo trae a Vigo a algúns...

A I Gala Internacional de Maxia Xacobeo trae a Vigo a algúns dos ilusionistas e mentalistas máis reputados

Terá lugar o 6 de dezembro no Teatro Salesianos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Teatro Salesianos de Vigo acollerá o próximo 6 de decembro o I Gala Internacional de Maxia Xacobeo 21-22, que reunirá na cidade olívica a algúns dos ilusionistas e mentalistas máis reputados do panorama nacional e internacional.

O evento, que foi presentado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e polo coordinador e director artístico, Roberto Lolo, conta no seu cartel con magos da talla de Juan Tamariz; Dani Daortiz, considerado o mellor ‘cartomago’ do mundo; a venezolana Dania Díaz, semifinalista de Got Talent America e dobre ‘botón de ouro’ na versión española; Mag Lari; Yann Frisch, o mellor do mundo segundo a Federación Internacional de Maxia; e o mentalista Anthony Blake.

A delegada da Xunta destacou a calidade dos participantes no evento, así como a do seu presentador, Roberto Lolo, con máis de 16 anos de experiencia á fronte do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria.

“E todo isto baixo o paraugas do Xacobeo”, proclamou e lembrou que “o Xacobeo está en Vigo” e “o Camiño Portugués da Costa é o mellor reclamo” do que a cidade pode presumir. Respecto diso, Fernández-Tapias subliñou que o Camiño de Santiago é “moito máis que turismo” e abarca música, deporte, literatura “e agora maxia”.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...