InicioSen categorizarSeguen a aumentar os casos de Covid en Vigo a pesar de...

Seguen a aumentar os casos de Covid en Vigo a pesar de que se reducen os contaxios

Mantéñense tres pacientes ingresados por este coronavirus en UCI e 12 hospitalizados noutras unidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia rexistra un novo incremento dos casos activos de Covid-19, que ascenden a 2.871, así como de persoas hospitalizadas por este coronavirus, que aumentan a 83 –sete máis–, mentres que os novos contaxios baixan a 237 –unha trintena menos que a xornada anterior–. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a un seis por cento no conxunto da Comunidade galega, tras comezar a semana con case un 8%.

Segundo os datos publicados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, descenden a 12 as persoas ingresadas en UCI pola Covid no conxunto de Galicia –dúas menos–, pero increméntanse a 71 as hospitalizadas noutras unidades –nove máis--, mentres que 2.788 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente en cinco das sete: Ourense, Lugo, Santiago-Barbanza, Ferrol e Pontevedra-O Salnés; mentres que se mantén nas da Coruña e Cee e Vigo.

Deste xeito, a área de Ourense, aínda que quedan sen pacientes Covid en UCI –a xornada anterior tiña un–, rexistra 14 ingresados noutras unidades –dúas máis–, mentres que a de Lugo segue sen críticos e conta con cinco en planta –dúas máis–.

Polo seu lado, a área de Santiago e Barbanza conta con dous pacientes Covid en UCI –sen cambios– e con cinco noutras unidades –dúas máis– e na de Ferrol continúan tres en críticos e aumentan a 10 os doutras unidades –un máis–.

Na área de Pontevedra e O Salnés permanece un paciente en UCI e soben a seis os hospitalizados noutras unidades –un máis–; mentres que na da Coruña e Cee aínda que descenden a tres os ingresados en críticos –un menos–, aumentan a 19 os doutras unidades –un máis–.

E na área Sanitaria de Vigo mantéñense tres pacientes ingresados por este coronavirus en UCI e 12 hospitalizados noutras unidades, en ambos os casos sen cambios con respecto á xornada anterior.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Galicia acumula 23 xornadas consecutivas de ascenso dos casos activos, que se sitúan en 2.871, o que implica 175 máis que o día pasado ao haber de novo máis contaxios (237) que altas (62). O martes pasado, 16 de novembro, situábanse en 1.367, polo que a Comunidade galega rexistra 1.504 infeccións máis.

En concreto, as infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+58), seguida da de Vigo (+34), Lugo (+23), Santiago e Barbanza (+23), Pontevedra e O Salnés (+21), A Coruña e Cee (+13) e Ferrol (+3).

Por tanto, con máis casos mantense a área de Ourense, con 751; seguida da de Vigo, con 699; A Coruña e Cee, con 466; Lugo, con 302; Santiago e Barbanza, con 265; Pontevedra e O Salnés, con 246; e á cola segue a de Ferrol, con 142.

Segundo os último datos actualizados na tarde deste luns pasado polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 98,97 casos por 100.000 habitantes –o venres 19 estaba en 73,58–, mentres que a media de España ascende a 132,19.

MENOS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 volven descender e sitúanse en 237, que constitúen 33 menos que os 270 cos que arrincou esta semana. O martes anterior –16 de novembro– houbo 122 e a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’ rexistrouse o luns 11 de outubro, cando houbo 14.

Así, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia ascenden a 186.554, das que 43.857 corresponden á área da Coruña e Cee; 38.543 á de Vigo; 27.411, á de Santiago e Barbanza; 22.735, á de Ourense; 21.806, á de Pontevedra e O Salnés; 20.345, á de Lugo; e 11.857, á de Ferrol.

Os 237 contaxios foron confirmados por positivos en Probas Diagnósticas de Infección Activa nas últimas 24 horas, deles 70 correponden á área de Ourense; 49, á de Vigo; 30, á de Lugo; 26, á de Santiago e Barbanza, 25, á da Coruña e Cee; 25, á de Pontevedra e O Salnés; e 12, á de Ferrol.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, desde o inicio desta crise sanitaria efectuáronse 2.959.969 PCR en toda Galicia, que supoñen 3.263 máis que as rexistradas ata o día anterior e unhas 200 menos feitas que a xornada pasada.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test–, descende a un seis por cento, tras comezar esta semana cun repunte ao 7,94%. Por iso, continúa por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

O impacto do exfuracán Kirk: ventos de case 150km, tellados e árbores caídas e inundacións

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

O encargado dunha empresa de Vialia acusado de acoso laboral nega os feitos e alega que o traballador “non cumpría”

O encargado dunha empresa de mantemento que presta servizo no centro comercial Vialia de...

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

O acusado de abusar de dúas menores nega os feitos e as psicólogas ven crible o relato das nenas

Un home acusado de dous delitos continuados de abuso sexual sobre menores de 16...