InicioSucesosDetida por ameazar con coitelo e morder á súa parella nun brazo

Detida por ameazar con coitelo e morder á súa parella nun brazo

Outro veciño da cidade foi detido por agredir aos axentes que lle pediron que se puxese a máscara.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha veciña da cidade, E.P.S., de 43 anos de idade e natural de Brasil, como presunta autora dun delito de violencia no ámbito familiar, tras agredir á súa parella durante unha discusión.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do domingo, cando unha dotación do 092 acudiu a un domicilio da rúa Torrecedeira, alertada por veciños que escoitaron unha forte discusión de parella.

Cando os axentes chegaron, abriulles a porta da vivenda unha muller que asegurou que non pasara nada e que a súa parella non estaba no domicilio. Os policías tamén lle preguntaron se tiña algún tipo de lesión e necesitaba asistencia médica, pero a muller dixo que non, “mostrándose en todo momento pouco colaboradora”.

Ao abandonar a vivenda, os policías atopáronse no portal do edificio a un home que tiña a camisa desgarrada, erosións na cara e unha dentada con hemorraxia no antebrazo dereito, polo que solicitaron unha ambulancia. O ferido foi evacuado á PAC de Pizarro para ser atendido das súas lesións.

O home recoñeceu aos axentes que tivera unha discusión coa muller identificada momentos antes e que ela lle agredera e ameazara cun coitelo. O home suxeitouna e ela propinoulle unha dentada no brazo, despois do cal, o home abandonou a vivenda.

Tras escoitar o relato, os axentes regresaron á vivenda onde ocorreran os feitos e procederon á detención da muller, como presunta autora dun delito de violencia no ámbito familiar.

DETIDO POR AGREDIR A UN AXENTE

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da detención dun home, D.F.A., de 38 anos de idade, como presunto autor dun delito de atentado, tras agredir a varios axentes.

Os feitos ocorreron na madrugada do domingo, cando unha dotación policial acudiu a un local da rúa Sanjurjo Badía (aberto fóra do horario permitido) pola presenza de varios individuos no exterior do establecemento, causando molestias aos veciños.

Os axentes identificaron a un home que non levaba a máscara posta e, cando lle requiriron para que lla puxese, este negouse e respondeu de forma airada.

O home propinou un empuxón a un dos policías e logo abalanzouse sobre outro que lle suxeitaba para evitar outra agresión, caendo ambos os ao chan. Finalmente, o individuo foi reducido e detido por atentado contra axente da autoridade.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...