InicioSociedadeAdif licita o mantemento do eixo atlántico

Adif licita o mantemento do eixo atlántico

O contrato ten unha duración de 48 meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) licitou, por importe de 67.962.388,61 euros (IVE incluído), o contrato de premantenemento e mantemento da alta velocidade Madrid-Galicia (tramos Pedralba de la Pradería-Ourense e Ourense-Santiago de Compostela) e do eixo atlántico (Vigo Urzaiz-A Coruña).

O obxectivo deste contrato, de 48 meses de duración, é manter en perfecto estado de conservación e funcionalidade as liñas mencionadas e asegurar os parámetros de fiabilidade e calidade nas instalacións, segundo explica ADIF.

En concreto, as actividades do contrato contemplan a conservación de elementos fundamentais das infraestruturas, como a plataforma ferroviaria; así como a vía e os seus aparellos, incluíndo os accionamientos.

Ademais, tal e como destaca ADIF, esta actuación contribúe á consecución do noveno obxectivo de desenvolvemento sustentable (ODS), que ten entre as súas metas o desenvolvemento de infraestruturas fiables, sustentables, resilientes e de calidade.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...