InicioCulturaLuísa Sobral encabeza o cartel do novo ciclo Sinsal Museo do Mar,...

Luísa Sobral encabeza o cartel do novo ciclo Sinsal Museo do Mar, que comeza este sábado este sábado

Rematará o domingo 21 de novembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cantante Luísa Sobral encabeza o cartel do novo ciclo de concertos Sinsal Museo do Mar, que leva á cidade de Vigo cinco propostas musicais que arrincan este sábado coa lisboeta no teatro Afundación.

Tras a apertura da primeira edición deste ciclo, no que colabora a Xunta e que está enmarcado na programación do Xacobeo, os concertos trasladaranse ao Museo do Mar de Vigo, protagonista dos outros tres directos que axuntarán tradición e vangarda.

Dentro do museo, os concertos desenvolveranse dentro de dous espazos: as salas ‘Curisosidades científicas’ e ‘Lonxa’. Na primeira estará o día 20 o compositor e produtor británico Adrian Timms acompañado de Rebe, unha das revelacións da escena musical estatal.

Esa mesma tarde, Marco Maril presentará na cidade olívica o seu novo traballo, ‘15.11.18’, inspirado no propio Museo do Mar. Será na sala ‘Lonxa’, onde tamén actuarán o sábado 20 a vasca Verde Prato e Nacho.Faia.Lar, último proxecto de Nacho Muñoz, Faia e Lar Legido.

O encargado de pór o broche ao ciclo será Nico Casal, pianista e compositor galego dedicado ás bandas sonoras. O seu concerto terá lugar ás 13,00 horas do domingo 21 de novembro.

A venda de entradas para o catro concertos que compoñen a oferta do Sinsal Museo do Mar está xa operativa na web ‘enterticket.es’.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...