InicioSociedadeTres detidos por desordes públicas nunha fin de semana "difícil" en Vigo

Tres detidos por desordes públicas nunha fin de semana “difícil” en Vigo

Foron detidos por supostos delitos de atentado e desobediencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas foron detidos por episodios de desordes públicas ao longo desta ponte da festividade de Todos os Santos en Vigo, un fin de semana “difícil” para o corpo da Policía Local da cidade olívica. Así o definen no parte difundido aos medios este domingo que recolle as principais incidencias dos últimos días, entre as que destacan as tres detencións da fin de semana.

A primeira delas produciuse ás 07,20 horas do sábado, cando unha patrulla se desprazou á rúa Inés Pérez de Zeta tras ser alertados da presenza dun individuo que tiraba de forma violenta das manillas dos vehículos estacionados na vía pública. Personados na zona, os axentes seguiron ao home ata a rúa Rosalía de Castro, onde golpeou a porta de acceso a un local ao que accedeu a patadas. O invididuo enfrontouse aos axentes cando estes lle requiriron que se identificase, chegando mesmo a agredir a un dos policías. O home, de 43 anos e veciño de Moaña, foi arrestado por un delito de atentado.

Xa na madrugada do domingo, ás 02,40 horas produciuse a segunda detención da fin de semana. Neste caso, tratouse doutro home que se encarou cos porteiros dun local de lecer nocturno que lle impediron o acceso debido ao estado no que se atopaba.

Segundo a versión policial, o home, de 24 anos e natural de Marrocos, negouse a colaborar cos axentes, aos que increpou, motivo polo que arrestado por un suposto de delito de desobediencia. Ademais, durante o cacheo ao que foi sometido, os axentes localizaron catro teléfonos móbiles sen que puidese acreditar ser dono de ningún.

Media hora máis tarde deste incidente, outra patrulla que se atopaba na rúa Arenal interveu nunha pelexa rexistrada ás portas dunha discoteca na que participaban unha decena de persoas. Un dos axentes que mediaba foi agredido por detrás por unha muller, que propinou unha patada na perna a un dos policías que separaban aos implicados na liorta.

Ao achegarse á muller, esta agrediu cun bofetón a outro axente e volveu pegar outra patada a outro dos policías. Tras ser reducida, a muller, de 34 anos e veciña de Vígo, foi detida por un delito de atentado.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...