InicioSociedadeVigo impulsa un "mapa da soidade" para detectar e asistir a persoas...

Vigo impulsa un “mapa da soidade” para detectar e asistir a persoas maiores en situación de vulnerabilidade

Buscan facer unha detección precoz de problemas e o establecer unha asistencia "inmediata" mediante servizos e programas municipais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo elaborará un estudo para desenvolver un plan estratéxico que permita detectar situacións de vulnerabilidade en persoas maiores que residen soas na cidade e coñecer as súas necesidades. Así o avanzou este venres en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, que detallou que a xunta de goberno aprobou destinar 85.000 euros á elaboración de “un mapa da soidade” de persoas maiores na cidade.

O Concello impulsará un plan para detectar situacións de vulnerabilidade en maiores que residen sós en Vigo

Neste sentido, detallou que o Concello elaborará o Plan estratéxico de atención ás persoas maiores de Vigo, que representará o primeiro destas características a nivel autonómico. Deste xeito, analizarase a situación socioeconómica deste colectivo, ademais da súa saúde e as súas condicións de vida.

Para iso, entrevistarase a case 4.000 persoas co obxectivo de coñecer o volume das que residen soas e detectar posibles situacións de vulnerabilidade. Tamén se buscan unha detección precoz de problemas e o establecemento dunha asistencia inmediata mediante servizos e programas municipais como a teleasistencia, os coidadores de barrio e as prestacións económicas, entre outras.

O rexedor olívico indicou que a través do plan poderanse desenvolver programas de envellecemento activo que favorecerán a relación social dos maiores, así como accións de intervención temperá de servizos sociais fronte a situacións de vulnerabilidade social, económica ou de saúde.

De acordo con datos recollidos o pasado mes de agosto no padrón municipal, un total de 69.954 vigueses contan con máis de 65 anos, o que representa un 23,45% da poboación da cidade. Ademais, o 59,2% destas persoas son mulleres. Así mesmo, un total de 193 persoas residentes na cidade superan os 100 anos e 101 delas viven soas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...