InicioCulturaIgnora o programa municipal de Vigo o talento galego?

Ignora o programa municipal de Vigo o talento galego?

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dende o grupo municipal Marea de Vigo veñen de acusar á programación de concertos da nosa cidade de dar as costas ao talento local, así como o das artistas femininas, nunha “indeferenza absoluta pola nosa cultura e a nosa lingua”.

Ademais, culpan á alcaldía de “adecuar” a vida social da cidade á “arbitrariedade publicitaria do goberno local”. Denuncian “o desmantelamento do Museo MARCO como o espazo para o que foi concibido“, e culpan a Caballero da desaparición do ImaxinaSons “tras 13 anos de consolidación como referente no espazo europeo”, ou da falta de apoio ás iniciativas como VigoLocals.

Tamén lamentan a falla de promoción aos grupos locais dende as festas organizadas polo propio concello, “cando Vigo é unha cidade que sempre destacou por contar con centos deles, moitos xa recoñecidos internacionalmente”.

“atopámonos mulleres só en dous eventos”

“O concello de Vigo denota unha vez máis a indiferenza absoluta ante a nosa cultura e a nosa lingua; pois continuamos a ver artistas do país actuando por ducias de vilas galegas mentres que en Vigo, unha das cidades na que máis se está a perder o idioma galego, non podemos desfrutar de música galega” matizou Marga L. Barreiro, concelleira do grupo municipal da Marea de Vigo.

Con respecto á presenza de mulleres na programación do Concello, Marga L. Barreiro engadiu que “nos concertos de Castrelos atopámonos mulleres só en dous eventos, a teclista de Dorian, e a de Operación Triunfo, onde, en ambas actuacións, participan homes”.

Dende Marea de Vigo, polo tanto, quixeron reivindicar o papel das mulleres artistas galegas, “dobremente invisibilizadas: por ser mulleres e por crear na lingua de seu. Esiximos, por tanto, que este concello se sensibilice dunha vez coas mulleres no escenario, e que os concertos deixen de brillar pola ausencia de talento galego”.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...