InicioSociedadeO PXOM poderá consultarse no Auditorio Mar de Vigo desde este mércores

O PXOM poderá consultarse no Auditorio Mar de Vigo desde este mércores

O trámite da exposición pública prolongarase durante tres meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade olívica poderá consultarse no Auditorio Mar de Vigo desde este mércores, cando comezará o período de exposición pública despois de que este venres se remitise para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

En rolda de prensa, o alcalde, Abel Caballero, indicou que este luns se publicará un anuncio da aprobación inicial do plan de urbanismo en distintos medios de comunicación e avanzou que o trámite de exposición pública prolongarase durante tres meses a pesar de que o prazo legal estipulado son dous “para que se faga sen prema”.

Deste xeito, poderá accederse ao documento a través da páxina web municipal, á vez que se dotará ao Auditorio Mar de Vigo de medios telemáticos para que poida consultarse desde este lugar. Así, o rexedor indicou que a planta baixa do edificio estará aberta en horario de 9,00 a 14,00 horas de luns a venres para que a cidadanía poida resolver as súas dúbidas co equipo redactor e técnicos municipais.

Ademais, explicou que a entrada a estas instalacións será libre, pero se algunha persoa precisa de apoio dun técnico municipal para interpretar o plan deberá solicitar unha cita previamente de modo telefónico. En canto á presentación de alegacións ao documento, Abel Caballero sinalou que poderán remitirse de modo telemático, aínda que tamén se habilitará un rexistro auxiliar no local do auditorio.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...