InicioSucesosQuedan en liberdade os cinco detidos na desarticulación dunha rede de prostitución

Quedan en liberdade os cinco detidos na desarticulación dunha rede de prostitución

Non pasaron aínda a disposición xudicial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As cinco persoas que foran detidas na desarticulación dunha rede de prostitución en Vigo quedaron en liberdade este venres en dependencias policiais, xa que non chegaron a pasar a disposición xudicial, segundo confirman a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

En concreto, estes cinco individuos –tres homes e dúas mulleres– foran apresados o xoves nun operativo da Policía Nacional contra unha rede dedicada á explotación sexual que funcionaba en dous chalés e un spa da cidade olívica.

A investigación deste caso, que leva o Xulgado de Instrución número 3 de Vigo, arrincou por mor dunha denuncia anónima presentada ante os servizos centrais de Estranxeiría, que puxo o caso en coñecemento da Comisaría.

Isto, sumado ás distintas intervencións de unidades policiais ao longo deste ano e a declaración de dúas mulleres estranxeiras, puxo o cerco a dous chalés situados en Vigo e un establecemento de spa da rúa Pizarro.

Os investigadores pescudaron que unha parella de nacionalidade española estaba á fronte dos establecementos, que operaban ao amparo dunha armazón de sociedades dedicado á explotación de mulleres de varias nacionalidades para a prostitución.

Ademais, nos locais tamén se distribuían drogas, un negocio que controlaban os explotadores. As pescudas concluíron cos rexistros das vivendas e do spa, onde se interviñeron sustancias estupefacientes (cocaína e fármacos), máis de 8.000 euros en efectivo, múltiples recibos de pago, libros de contabilidade, TPVs e documentación das mulleres explotadas sexualmente.

Segundo a Policía, un dos cinco detidos é taxista e dedicábase ao traslado das mulleres fóra dos inmobles para realizar servizos de carácter sexual. Tamén se encargaba do control das explotadas cando saían das casas e portaba as drogas para este tipo de servizos, que aparecían anotados nos libros de contabilidade como “saídas”.

ÚLTIMAS

O francés Adrien Loron e a chilena Fernanda Gildemeister, vencedores do MTB Downtown no Marisquiño

Marisquiño 2026 proclamou este domingo os gañadores de todas as competicións da súa XXVI...

O Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos deportivos e o concerto de L0rna

A 26ª edición do festival de deportes e música urbana O Marisquiño chega ao...

Recuperar Vigo para a cidadanía

Hai cidades que avanzan porque son capaces de aproveitar o talento colectivo da súa...

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...