InicioMedio Ambiente e PatrimonioA comunidade de Montes de Teis é declarada Entidade ICCA "a pesar...

A comunidade de Montes de Teis é declarada Entidade ICCA “a pesar das trabas das administracións”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A comunidade de Montes de Teis conseguiu esta semana un dos seus obxectivos mais ansiados durante décadas, ser declarada Entidade ICCA, é dicir, “área conservada por unha comunidade local”.

Esta Certificación está avalada e promovida pola ONU Medio Ambiente, UNEP-WCMC, como organismo internacional, e un recoñecemento aos valores sociais, ambientais e económicos.

O proxecto da Comunidade de Montes de Teis, en palabras do seus propios membros, “naceu pola loita veciñal para paralizar o ataque medioambiental sufrido pola construción de Rande-Puxeiros na AP9 no seu paso pola Madroa, e que supuxo o espertar de moitas conciencias, que plasmaron na súa asemblea constituínte un proxecto medioambiental, seguindo un modelo conservacionista e de recuperación do monte autóctono galego”.

E dende a comunidade de montes denuncian que “a realidade e circunstancias que permitiron conseguir esta certificación foron construídas a pesar de todas as trabas das administracións local, autonómica e central, para o desenvolvemento do noso modelo de monte nun contexto periurbano”.

“Este recoñecemento vén a reafirmarnos na idea de que o modelo que defendemos, contra vento e marea, ten futuro, e así como antes que nós loitaron para poder deixarnos o monte que hoxe desfrutamos, estamos no camiño certo para que as vindeiras xeracións poidan herdar un monte periurbano con unha gran riqueza no ámbito medioambiental e paisaxístico”, selaron.

ÚLTIMAS

Un motorista morre nun accidente na Avenida do Aeroporto de Vigo

Un motorista faleceu na noite deste mércores en Vigo despois de sufrir un accidente...

Unha avaría eléctrica deixa sen luz uns 3.500 usuarios en Vigo

Unha avaría nunha liña eléctrica subterránea de media tensión provocou este xoves cortes na...

Aprazan o Celta-Osasuna ao 27 de agosto e levanta rebumbio

O RC Celta de Vigo informou do adiamento do seu partido ante o CA...

Falece un motorista nunha rotonda da Avenida do Aeroporto en Vigo

Un motorista perdeu a vida na noite deste pasado mércores en Vigo tras sufrir...