InicioVigo e contornaVigoAs panxoliñas por megafonía de Vigo desatan o humor nas redes

As panxoliñas por megafonía de Vigo desatan o humor nas redes

Algúns cualifícanas de "tortura", mentres que outros reflexionan sobre o seu impacto na xente con problemas auditivos ou emocionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Días atrás transcendeu o anuncio do Concello de Vigo apuntando a que contratara tres meses de servizo de megafonía para radiar panxolinas nas rúas da cidade olívica. O titular correu como a pólvora a pesar de que, en realidade, este ano as típicas cancións de Nadal apenas soarán entre o 20 de novembro e o 10 de xaneiro, moi por debaixo deses 90 días que veñen de desatarar o humor das redes sociais.

É habitual que, no panorama estatal, a cidade olívica sexa percibida como extravangante ou excéntrica polos xestos de Abel Caballero. Con todo, desta vez os excesos invernais do alcalde socialista non foron recibidos cos brazos abertos pola maior parte dos internautas. Hainos que cualifican de “tortura” a práctica, mentres que outros, máis serios, fan fincapé nos problemas que esta sonoridade continua pode carrexar nas persoas con problemáticas auditivas ou emocionais.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...