InicioSucesosAbsolven os catro comuneiros acusados de deixar parapléxico a un ciclista

Absolven os catro comuneiros acusados de deixar parapléxico a un ciclista

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, absolveu aos catro comuneiros acusados dos delitos de homicidio en grao de tentativa e de lesións, pola súa presunta implicación na colocación dunha pedra nun carreiro do Monte Alba que provocou a caída dun ciclista en setembro de 2014. Como consecuencia do impacto, a vítima quedou parapléxica.

O tribunal considera acreditado que a pedra foi posta á mantenta no medio do camiño que habitualmente utilizaban os deportistas para realizar descensos, pero sinala que carece de probas da autoría dos catro comuneiros. “Non resulta posible estimar probados a maioría de indicios expostos polas acusacións, máis tendo en conta o principio in dubio pro reo”, destaca a Audiencia.

O tribunal argumenta que non quedou acreditada “a existencia dun clima de animadversión contra os ciclistas que puidese motivar que puxesen a pedra”, tan só certas disputas ou críticas, “nin que os acusados tivesen tempo de realizar os actos que lles imputan, nin que subisen polo camiño onde se moveu a pedra, nin que fosen as únicas persoas que puidesen realizar ese feito”.

A audiencia sostén que é “certo” que os acusados “estaban nas inmediacións nese lapso de tempo”, pero recalca que “a probas practicadas, aínda coas evidentes dificultades que se recoñecen dada a situación na que se produciu o feito”, non permiten “extraer coa certeza que sería precisa unha conclusión válida e explicable acerca da participación dos acusados nos feitos”.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...