InicioSociedadeDetido por agarrar do pelo e zarandear á súa parella, á que...

Detido por agarrar do pelo e zarandear á súa parella, á que sacou a rastro dunha discoteca

As testemuñas corroboraron o relato da vítima.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, G.S.R., de 24 anos de idade e nado en Brasil, como presunto autor dun delito de violencia machista, tras agredir á súa parella e sacala polos pelos dunha discoteca.

Segundo informaron fontes policiais, unha dotación do 092 atopábase patrullando pola rúa Concepción Arenal cando foi requirida por un grupo de persoas, entre as que se atopaba a muller presuntamente agredida.

As testemuñas indicaron aos policías onde se atopaba o agresor e este, ao decatarse da presenza dos axentes, emprendeu a fuxida, aínda que foi finalmente interceptado.

Segundo o relato da vítima, o sospeitoso e ela atopábanse no interior dunha discoteca cando comezaron a discutir e el agarrouna polos pelos, zarandeándoa e sacándoa do local a rastro. As testemuñas corrobaron o relato da muller, polo que o mozo foi detido.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...