InicioEconomíaStellantis atrasa ata o xoves, e pendente de confirmación, a reactivación da...

Stellantis atrasa ata o xoves, e pendente de confirmación, a reactivación da produción no sistema 2

A data deberá ser confirmada en función da evolución da "crise dos microchips".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) en Vigo atrasará ata o xoves a continuación da actividade no sistema 2 de montaxe, o que produce as furgonetas, e que leva parado desde o pasado luns por problemas de aprovisionamento.

Segundo trasladaron fontes da dirección da empresa ao persoal, a previsión é que o sistema 2 se reactive o xoves 2 de setembro, aínda que esta data deberá ser confirmada (así como a quenda de arranque), en función da evolución da chamada ‘crise dos microchips’.

Precisamente, os problemas de aprovisionamento de compoñentes que levan semiconductores (microchip) manteñen en xaque á planta viguesa, do mesmo xeito que ao resto da industria de automoción a nivel mundial e a outros sectores e, no caso de Stellantis Vigo, producíronse paradas de produción de forma continua desde hai meses.

De feito, tan só unha semana despois de incorporarse das vacacións de verán, a fábrica viguesa suspendeu a súa actividade, e o sistema 1 estivo sen traballar do 23 ao 26 de agosto (incorporouse este venres), mentres que o sistema 2 alonga a súa parada ata o vindeiro xoves.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...