InicioVigo e contornaVigoPropietarios e cans protestarán este domingo en Samil para poder entrar "libremente"...

Propietarios e cans protestarán este domingo en Samil para poder entrar “libremente” nos areais

"Os animais son máis respectuosos coa contorna, non tiran plástico nin vidro", din desde PACMA.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Propietarios de cans e mascotas reivindicarán poder ir xuntos á praia
A praia de Samil, en Vigo, será escenario durante a mañá deste domingo dun paseo reivindicativo organizado por PACMA no que propietarios de cans e as súas mascotas mobilizaranse para esixir que se lles permita acceder xuntos a praias, ríos e demais lugares de esparexemento.

Segundo explica o Partido Animalista nun comunicado, non existe informe hixiénico-sanitario algún que relacione a presenza de animais na praia con insalubridade ou riscos para os bañistas, polo que lamentan que unicamente se permita o acceso con cans a pouco máis dun centenar de praias en toda España.

“Non hai rexistros de problemas de convivencia nas poucas praias nas que está permitido o acceso a animais. É inxusto que non sexa algo xeneralizado”, sinalan. A acción #PraiasParaTodos avoga por unha “convivencia harmónica” entre persoas e animais nas praias e outros lugares de lecer.

Vemos como se realizan botellóns, picnics e festas nos areais, que moitas veces quedan cubertos de lixo. Os animais son máis respectuosos coa contorna, non tiran plástico nin vidro. O importante é que as persoas que os acompañan sexan respectuosas e recollan as deposicións”, argumentan desde PACMA

ÚLTIMAS

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...