InicioSociedadeCC.OO. esixe á Universidade de Vigo "solución" para o persoal dos ximnasios...

CC.OO. esixe á Universidade de Vigo “solución” para o persoal dos ximnasios dos tres campus

CC.OO. insta á universidade a intervir "para procurar unha solución transitoria".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comisións Obreiras esixe á Universidade de Vigo “unha solución” para o persoal encargado dos ximnasios dos campus de Pontevedra, Ourense e da propia cidade olívica.

Este venres deixarán de prestar servizo as dúas empresas concesionarias e extinguiranse os contratos do persoal, segundo explica o sindicato, en virtude dunha resolución do 29 de xullo.

“Ademais da forma en que se produce este fin do contrato, CC.OO. critica que, no caso dunha das empresas, o persoal nin sequera foi avisado cos 15 días de anticipo a que obriga a lei“, apunta.

Ante esta situación, e debido ao “prexuízo que ocasiona” tanto a traballadores como a usuarios das instalacións –que deberán pechar temporalmente–, CC.OO. insta á universidade a intervir “para procurar unha solución transitoria”.

Por último, solicita a prórroga dos contratos ás empresas ata que se produza unha nova licitación “ou, na súa falta, que asuma durante ese tempo o persoal adscrito aos ximnasios”. En calquera dos supostos, CC.OO. pide “a subrogación de todos os traballadores”.

ÚLTIMAS

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...