InicioPolíticaMarea de Vigo define o Pleno da Zona Franca como "sucursal do...

Marea de Vigo define o Pleno da Zona Franca como “sucursal do goberno de Caballero”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal da Marea de Vigo non considera unha boa nova a recente elección do delegado David Regades para o ente público, especialmente no talante democrático, xa que, para a Marea de Vigo, “o Pleno da Zona Franca corre o perigo de converterse definitivamente nunha ‘sucursal’ do goberno de Abel Caballero”.

Marea de Vigo segue a considerar que é “un uso absolutamente antidemocrático da maioría absoluta por parte do PSOE vigués” o feito de que dos seis membros que elixe o Concello de Vigo (un nato que é alcalde e cinco que elixe o Pleno) sexan todos exclusivamente do PSOE, “feito inédito na historia da democracia”.

“Mentres noutras Zonas Francas no conxunto do Estado se lle outorgou representación a grupos como o da Marea de Vigo”, defenden, “no caso de Vigo o alcalde decidiu, amarrándose a unha Lei do Partido Popular, que soamente representantes do seu partido, o PSOE, ocuparan esas vacantes, nun claro exercicio de falta de democracia”.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...