InicioSociedadeA Xunta solicita ao Concello de Vigo os terreos para as conexións...

A Xunta solicita ao Concello de Vigo os terreos para as conexións do Campus do Mar da ETEA

A Xunta ten "moi avanzada" a redacción do proxecto construtivo correspondente á urbanización do ámbito PS-1 da antiga ETEA.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta dirixiuse ao Concello de Vigo para solicitarlle a posta a disposición dos terreos necesarios para executar os viarios, os espazos libres, zonas verdes e as infraestruturas (PS-1) do Campus Científico-Tecnolóxico proxectado nos terreos da antiga ETEA.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, dirixiuse por escrito á concelleira delegada da área de Urbanismo de Vigo, María José Caride, para trasladarlle que a Xunta ten “moi avanzada” a redacción do proxecto construtivo correspondente á urbanización do ámbito PS-1 da antiga ETEA.

Menéndez apunta que, antes de poder licitar as obras, é preciso comprobar a dispoñibilidade dos terreos, polo que o Concello de Vigo, como titular do ámbito correspondente co PS-1, debe remitir á Axencia Galega de Infraestruturas un documento que acredite a súa posta a disposición.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...