InicioVigo e contornaDemandan que a Illa de San Simón volva ser a 'Illa da...

Demandan que a Illa de San Simón volva ser a ‘Illa da memoria’

Críticas á Xunta por "tela convertido nun parque de atraccións" no canto de dedicala á memoria histórica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha homenaxe a vítimas do franquismo que terá lugar este domingo en San Simón, na ría de Vigo, demandará a súa declaración como Illa da Memoria, outorgada polo bipartito e logo retirada por Feijóo á súa chegada á Xunta en 2009. O evento conmemorativo contará coa participación de máis de 300 persoas de 25 asociacións, segundo detallou a entidade organizadora, Iniciativa Galega pola Memoria (IGM).

En concreto, o acto central recoñecerá a loita solidaria das mulleres da contorna e contará coa intervención da autora do libro ‘As lavandeiras de San Simón’, Eva Mejuto. Ademais, o portavoz da Iniciativa Defende Meirás, Carlos Babío, abordará a loita pola recuperación da titularidade pública do pazo situado en Sada.

Deste xeito tamén se busca denunciar que este represente o único acto relacionado coa memoria histórica celebrado anualmente na illa de San Simón.

Por iso, IGM reclama a recuperación do proxecto da Illa da Memoria e a aprobación dun plan que garanta o desenvolvemento dun programa de actividades público e continuado no tempo coa memoria histórica como eixo central.

Mentres, a entidade lamenta que “a Xunta convertese a illa nun parque de atraccións”, no que “se desenvolven sobre todo actividades lúdicas e recreativas” que “poden resultar pouco respectuosas coa dignidade das persoas que sufriron unha violencia extrema en San Simón no sete anos nos que foi un duro campo de concentración e represión franquista, de 1936 a 1943”.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...